14 de abril de 2016

A pola III República!!!!

Hai 85 anos que se proclamou a II República Española, un réxime que traería aparellado unha maior democracia (voto feminino, xefatura do Estado escollida nas urnas...), unha mellora nos servizos públicos (dóbranse o número de escolas, acádese a coeducación, aparta a relixión das aulas...) e que devolvería a ilusión a un pobo canso das triquiñuelas da monarquía. 

Hoxe máis que nunca cómpre reivindicar esta forma de Estado, a única democrática. O Republicanismo é ademais unha cultura política que afonda na participación popular, na libre escolla dos cargos públicos como lembra hoxe Alberto Garzón (de Izquierda Unida) neste ARTIGO que recomendamos ler.

E así, somos moitos/as os que cremos para que rematar co réxime borbónico, corrupto ata os cimentos e sostido polo bipartidismo, debemos loitar para acadar a III República, dado que esta traerá prosperidade, democracia e benestar como fixeron as súas predecesoras. 

Sen República non haberá democracia!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Coméntanos qué te parece todo esto.